Sednoide

Sedna, o epónimo e primeiro sednoide coñecido.

Un sednoide é un obxecto transneptuniano cun perihelio maior de 50 UA e un semieixo maior maior de 150 UA.[1][2] Só se coñecen dous obxectos que pertenzan a esta categoría, (90377) Sedna e 2012 VP113, ambos con perihelios superiores a 75 UA,[3] mais sospéitase que hai máis. Estes obxectos atópanse fóra dunha fenda aparentemente case baleira do Sistema Solar a partir dunhas 50 UA e non teñen interacción significativa cos xigantes gasosos. Inclúense dentro dos obxectos separados.

Algúns astrónomos, como Scott Sheppard,[4] consideran que os senoides son obxectos da Nube de Oort Interior (OCOs), aínda que a nube de Oort interior, ou Nube de Hills, foi proposta orixinariamente polos astrónomos máis aló das 2000 UA, varias veces o afelio dos dous sednoides coñecidos.

  1. Trujillo, C. A.; Sheppard, S. S. (2014). "A Sedna-like body with a perihelion of 80 astronomical units" (PDF). Nature 507 (7493): 471–474. doi:10.1038/nature13156. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-12-2014. Consultado o 14-11-2015. 
  2. Sheppard, Scott S. "Known Extreme Outer Solar System Objects". Department of Terrestrial Magnetism, Carnegie Institution for Science. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2015. Consultado o 17 de abril de 2014. 
  3. "JPL Small-Body Database Search Engine: a > 150 (AU) and q > 50 (AU) and data-arc span > 365 (d)". JPL Solar System Dynamics. Consultado o 15 de outubro de 2014. 
  4. Sheppard, Scott S. "Beyond the Edge of the Solar System: The Inner Oort Cloud Population". Department of Terrestrial Magnetism, Carnegie Institution for Science. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2014. Consultado o 17 de abril de 2014. 

Developed by StudentB